Lectura y opinión

EL RINCONCITO DE IAGO

Iniciamos una entrada nueva, en la que escribirá uno de nuestros colaboradores más entusiastas, Iago Aballe. Su edad supera la media de los componentes de este club, y sus lecturas no tienen que ver con las nuestras (una gran mayoría de adolescentes o amantes del manga y de las novelas de aventura y misterio) o sus opiniones son eso, SUS opiniones. No queremos entrar en debates, no hacemos juicios, para nosotros la lectura es un divertimento, un placer, y no nos perdemos en consideraciones sobre política y temas como el feminismo o el machismo. Que esto vaya por delante, pues coincidimos con Oscar Wilde cuando decía “No existe el libro bueno o malo. Los libros están bien o mal escritos, y eso es todo”.

He aquí el interesante artículo de nuestro amigo más activista.

 Chámame

Últimamente, nas actualizacións do procesador de textos LibreOffice aparecen notiñas no que eles danche uns consellos. Eu lle engadiría a eses consellos, inútiles por certo, a seguinte frase: sabe vostede que existe machismo no eido da cultura? sabe vostede que toda escritora viuse nalgunha ocasión insinuada polos seus xefes editores? En fin, todos creemos que na cultura existe un mundo igualitario, que as persoas que forman as Academias ou as editoriais son persoas avanzadísimas no seu tempo… Pero, qué inxenuos somos!

A razón do título do presente artigo é para facer unha breve alusión ao título do libro que imos comentar. Chámame señora pero trátame coma un señor é un ensaio ao inusual escrita pola columnista, escritora, profesora e crítica literaria Inma López Silva. E vádesme permitir que faga un breve eloxio persoal cara a escritora e cara a súa obra literaria, xa que está comprometida coa memoria colectiva e histórica deste país, entroutros aspectos. Escritora tamén doutros libros como Memoria de cidades sen luz ou Aqueles días en que eramos malas, outra historia trepidante da que falaremos próximamente.

Para todos os lectores principiantes que queren descubrir unha nova forma de redactar ensaio, conectando coa realidade da xente, deixando fóra as notas eruditas moitas veces innecesarias, este é o seu libro, un libro no que ninguén vaise sentir excluído.

Podemos dicir que a autora conseguiu transmitir a mensaxe que pretendía na lectura que eu fixen en perspectiva de xénero, o que acaba convertendo esta obra nunha auténtica sinfonía para os que creemos noutro tipo de relacións sentimentais, para os que vemos coma algo desigualitario que non haxa unha clara representación femenina nas Academias da lingua, debido a que hai moitas mulleres dun grao de prestixio literario que pódennos axudar dende outra perspectiva a entender o pensamento e a comunicación humana e non están representadas, para os que creemos na liberdade de pensamento e de cátedra, etc.

E remato xa o meu alegato, coma un avogado cando tén que defender a causa do seu acusado, dicindo que ogallá existan escritoras así. Non precisamos literatura comercial e aburrida. Necesitamos esa literatura que nos leve ao pensamento dos ancestros e ao pensamento crítico que axude a construír país.

Iago Aballe Iglesias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s