Identidades

Adiviña…

Henos de novo aquí, fieis á nosa cita semanal coas máximas famosas. Pero imos complicar un pouquiño o enigma, porque esta vez queremos varias respostas (Como nos gusta learvos!)

O principio é extremadamente fácil. A continuación inserimos unha expresión – en grego orixinal – atribuída a un filósofo cuxo método consistía en facer que, mediante preguntas, o discípulo fose descubrindo nocións que nel estaban latentes: ἓν οἶδα ὅτι οὐδὲν οἶδα.

Como se chama este filósofo e por que nome é coñecido o seu método?
Unha pistita (visual):

Filósofo feo

Agora unha cuestión algo máis complicada: en 1921 apareceu publicada unha novela “filosófica” cuxo argumento – ou parte do argumento – é o seguinte: nunha poboación chamada Pilares (nome ficticio atribuído a unha moi famosa capital do norte de España) enfróntanse dous zapateiros, un dos cales é un trasunto do filósofo ao que fixemos referencia. Poderiades dicir o título da novela, cal é ese zapateiro e o nome duns premios literarios denominados co título doutra das novelas do autor desta última?

Sexamos xenerosos, pois. Velaquí unhas imaxes de Pilares e o que máis gusta comer aos aborixes da zona (como a editora do blogue):

Advertisements

7 pensamentos sobre “Adiviña…

  1. Creo que xa sei a resposta á primeira pregunta, ¿o filósofo podería ser Sócrates?, é que recordo hacer visto o seu busto. (¿Cando fomos a Roma quizais?) e a frase é a de “So sei que non sei nada”.
    A segunda pregunta custoume moito pero estaba segura de que era ambientada en Asturias, o título é “Belarmino e Apolonio” chamándose Belarmino o protagonista;
    e tras moito buscar din con que os premios “Tigre Juan” chámanse así por unha obra desde autor titulada “Tigre Juan e O curandeiro da súa honra”; e isto é todo.

    Gústame

  2. Has acertado, y te felicito doblemente: no sé de dónde sacaste el tiempo, con la celebración de tu cumpleaños. Pero tengo que hacer una puntualización: el método socrático que he definido recibe el nombre de “mayéutica” (es que la madre de Sócrates fue comadrona).

    Gústame

  3. Me alegra que hayas puesto el comentario, Clara (“la ilustre” en latín). Cuando alguien tan joven muestra ese cabezorro a la hora de investigar algo de lo que te dan unas pistas casi sibilinas y encima acierta… me emociona. Este club de lectura es clarísimo (en el sentido etimológico del término). Espero que a partir de ahora nuestra comunicación vía blog sea más fluida. Gracias.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s