Lecturas

Descubrindo a un clásico moderno

Unha das lecturas estrela do noso club constitúena as aventuras do pai Brown, o pequeno e rechoncho clérigo católico aparentemente inxenuo e cabezota ao que non se lle escapa ningún criminal e a quen de cando en vez axuda un antigo ladrón de luva branca francés, Flambeau.

Father Browndata

O seu creador, gran amigo do Premio Nobel George Bernard Shaw e moi coñecido como “o príncipe dos paradoxos”, foi Gilbert Keith Chesterton (1874-1936).

540x360DF3

Escritor e xornalista, agnóstico convertido ao catolicismo, progresista e conservador, crítico e alegórico, e un pensador especialmente lúcido, Chesterton é un dos grandes autores do século XX, que merece ser encumbrado entre os clásicos da literatura mundial. É por iso que neste escritor británico cúmprese a maldición que el mesmo describiu: “Un clásico é aquel de quen todo o mundo fala sen lelo.”

En canto ao seu estilo, único e rupturista coas tendencias marcadas anteriormente polo seu admirado Arthur Conan Doyle, Chesterton avoga polo humanismo, co home como centro, principio e fin das súas reflexións, coas súas fraquezas e a súa posibilidade de grandeza (cousa que vemos, por exemplo, na súa novela O poeta e os lunáticos). Así, descríbenos como debe ser un crime de ficción: “nun misterio de asasinato verdadeiramente truculento a xente debe ser boa. Incluso o home verdadeiramente truculento debería ser bo, ou debería aparentar selo de forma convincente. Se isto non é así, o que se lle proporciona ao lector é unha ampla variedade de sospeitosos, para que a imaxinación poida cernerse sobre eles antes de abaterse (se é que chega a abaterse) sobre o verdadeiro culpable.” Esta orixinal formulación atráenos, fascínanos e achéganos incontestablemente aos seus relatos de misterio. A pesar dos anos transcorridos desde a súa publicación, as investigacións do pai Brown séguennos parecendo novas e sorprendentes, como nos sorprende tamén o carácter práctico e a lóxica que malgasta o sacerdote investigador.

Confesámonos seguidores sen concesións deste escritor, cuxa influencia deixouse sentir en grandes personalidades como o rebelde irlandés Michael Collins, o autor das Crónicas de Narnia C.S. Lewis (convertido nun fervente cristián), Neil Gaiman (o inefable autor de The Sandman e creador dun das alegacións escritas máis impactantes en contra da experimentación animal), o cineasta Ingmar Bergman ou a banda heavy Iron Maiden.

Advertisements

4 thoughts on “Descubrindo a un clásico moderno

  1. Mañá collerei o libro ou ben outro do que falamos (o da reunión de sabios na que o que resolvía todo era camareiro); ambos parecéronme moi interesantes á vez que innovadores, e tamén ven entretidos.

    Gústame

  2. Puedes coger los dos. El club fue creado para disfrutar de la lectura, sin cortapisas. Sólo tienes que apuntarte en las hojas que hay preparadas al efecto en la biblioteca. Recuerda que los límites temporales del préstamo los marcamos nosotros. No te olvides – y no quiero ser pesada – de aportar libros para la exposición de idem raros.

    Gústame

  3. Jeje yo ya lo cogí y ya leí también un capítulo. Me está gustando mucho, más que la serie, me encanta la forma en la que está escrita y como describe. Cuando lo acabe pondré que tal me pareció al final x3

    Gústame

  4. “Admiramos las cosas por motivos, pero las amamos sin motivos”, dijo Chesterton. Espero que me digas si lo admiras o lo amas. Empresa titánica, ¿verdad? Yo amo a este escritor, por lo que no necesito justificar mis razones.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s