Personaxes

O mestre, Sławomir Mrożek

Sławomir Mrożek (Borzęcin, Polonia, 1930 – Niza, 2013) estudou arquitectura, historia da arte e cultura oriental. Antes de darse a coñecer como escritor, obtivo certo éxito como xornalista e debuxante satírico. A partir de 1957, a súa carreira literaria desdóbrase en dúas facetas, a de autor dramático – que lle mereceu un recoñecemento universal e un extraordinario éxito popular- e a de narrador. A editorial Acantilado emprendeu en 2001 a publicación da súa obra narrativa. Entre os seus libros destacan Xogo de azar (2001), A vida difícil (2002), Dúas cartas (2003), A árbore (2003), O pequeno verán (2004), A mosca (2005), Fuxida cara ao sur (2008), O elefante (2010), A vida para principiantes (2013) e Baltasar (Unha autobiografía) (2014).

Seguida con gran devoción, sobre todo en Polonia e Alemaña, pero tamén en Francia e Italia, a obra de Sławomir Mrożek, formada basicamente por narracións e obras de teatro, caracterízase por unha astuta ironía e a frecuentación xenial do absurdo. Agora, con A vida difícil – trinta e sete absorbentes e lúcidos contos divertidos ata a hilaridade -, o lector verase mergullado no seu particularísimo e fascinante mundo narrativo, marcado pola parodia e o humor, onde poderá atopar unha cruel e sarcástica vivisección do xénero humano. Recomendamos especialmente os relatos “A revolución” e “Por un novo fútbol”, que inserimos a continuación. Esperamos que a súa lectura provoque abundantes risas.

Sławomir Mrożek – La vida difícil (extractos)

Advertisements

6 pensamentos sobre “O mestre, Sławomir Mrożek

  1. Me han gustado mucho los dos relatos y, a pesar de toda la crítica que contienen, son muy graciosos. Pase un buen rato leyéndolos así que buscaré algo más que leer de este autor a ver si me causa la misma buena impresión.

    Gústame

  2. Mira en ebiblioteca.org. Creo que hay unas diez obras de este autor en descarga directa. O, si prefieres el papel, mañana podemos hacer bookcrossing: tengo La vida difícil. Sólo tienes que localizarme y te presto el ejemplar.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s