IN MEMORIAM

Epitafio – Umberto Eco

O 19 de febreiro faleceu Umberto Eco, filósofo e semiólogo italiano famoso tanto polas súas achegas intelectuais como polas súas declaracións.

EcoUmberto_F_UllaMontanK11_Stor

En 1980 publicou a súa primeira novela, O nome da rosa, un rápido éxito editorial a nivel mundial. Seis anos máis tarde o libro foi levado á gran pantalla por Jean-Jacques Annaud cun inesquecible Sean Connery encarnando ao heroe, Guillermo de Baskerville, unha descarada alusión e homenaxe ao universalmente coñecido detective de ficción Sherlock Holmes  (https://www.youtube.com/watch?v=yqBAjmZx_v4).

En 1988 publicou O péndulo de Foucault, unha das súas máis coñecidas – e intimidantes – obras, considerada iniciática ou quizais antiiniciática e antiesotérica. Eco narra mil historias dentro da súa, fálanos dos templarios, das seitas diabólicas, da vida dos seus personaxes… O libro é un claro exemplo de erudición.

Cabaleiro da Lexión de Honra francesa en 1993 e Doutor Honoris Causa por trinta e oito universidades, Umberto Eco recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2000. Foi tamén proposto varias veces para o Premio Nobel de Literatura.

A súa última novela, Número cero, é unha parodia feroz sobre o xornalismo e a política, aínda que proximamente sairá á venda a súa obra póstuma, Pape Satàn Aleppe, título que corresponde ao verso escrito por Dante Alighieri ao comezo do canto VII do Inferno na Divina Comedia .

Tras o seu falecemento aos 84 anos lembramos ao xenial escritor a través dos seus pensamentos:

  • O amor é máis sabio que a sabedoría.
  • Hoxe non saír en televisión é un signo de elegancia.
  • O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le.
  • Os libros respéctanse usándoos, non deixándoos en paz.
  • Que é a vida senón a sombra dun soño fugaz?
  • Hai libros que son para o público, e libros que fan o seu propio público.
  • Sabedoría non é destruír ídolos, senón non crealos nunca.
  • O mundo condena aos mentireiros que non fan máis que mentir, tamén sobre o ínfimo, e premia aos Poetas, que amenten só sobre o excelso.
  • Os libros son esa clase de instrumentos que, unha vez inventados, non puideron ser mellorados, simplemente porque son bos. Como o martelo, o coitelo, a culler ou a tesoira.
  • Non son as noticias as que fan o xornal, senón o xornal o que fai as noticias e saber xuntar catro noticias distintas significa propoñerlle ao lector unha quinta noticia.

Na introdución de Kant e o ornitorrinco (1997) hai unha cita que hoxe é un epitafio insuperable para despedir a Umberto Eco: “Hai tempo estaba indeciso, pero xa non estou tan seguro”.

150px-Umberto_Eco_signature.svg

Caro Umberto,

Sit tibi terra levis

 

Advertisements

2 pensamentos sobre “Epitafio – Umberto Eco

  1. Hace un par de años que leí “El nombre de la rosa”, un libro muy bonito e interesante. A pesar de su extensión acabé de leerlo en un par de días, pero aunque me gustó mucho no indagué más sobre este autor o sus obras, así que agradezco este post y así pues, leeré algunas de las obras nombradas a ver si me gustan tanto como la primera que leí y…de paso, descargaré la película, que me han dicho que está muy bien pero todavía no la he visto.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s